miércoles. 17.08.2022

Poio acomete traballos de reparación na sede da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

A empresa Construcciones y fachadas García Sociedad Limitada será a encargada de acometer unha actuación de posta a punto nas dependencias da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

prote-civil-poio

A empresa Construcciones y fachadas García Sociedad
Limitada será a encargada de acometer unha actuación de posta a punto nas
dependencias da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. O local atópase no
Centro da Reiboa, na Seca, pertencente á parroquia de San Xoán. A Xunta de Goberno
Local vén de aprobar neste mes de decembro o proceso de adxudicación para a
realización dos traballos, tal e como informa a concelleira de Seguridade Cidadá, a
nacionalista Marga Caldas. O orzamento total ascende a un total de 20.086 euros, IVE
engadido.
A entidade adxudicataria centrarase na substitución das fiestras existentes na actualidade,
así como do acondicionamento da fachada exterior. Esta actuación lévase a cabo co
obxectivo de poñer punto e final aos problemas de condensación, humidades e filtracións
de auga que se rexistran durante os períodos de choiva. Deste xeito, dotarase dun
illamento que resultara “moi efectivo”, tal e como sinala a titular da área de Seguridade
Cidadá, que xa no seu día pasou revista ás instalacións, acompañada polo enxeñeiro
municipal, para a elaboración do proxecto técnico.

Este investimento súmase a outros realizados nos últimos tempos por parte da
Administración municipal, encamiñados a facilitar o labor “impagable e imprescindible”
que levan a cabo os e as voluntarias de Protección Civil de xeito totalmente altruísta. Así,
Marga Caldas lembrou que se destinou unha partida para a dotación de uniformes. A edil
do BNG tamén dou conta das xestións para adquirir unha 'pick up', adaptada para a
realización de traballos específicos, como extinción de lumes. A adquisición deste
vehículo axudará a axilizar o tempo de intervencións e facilitar a chegada de efectivos a
lugares de difícil acceso. Marga Caldas conclúe lembrando que estas actuacións dan
resposta ás demandas realizadas pola agrupación.

Poio acomete traballos de reparación na sede da Agrupación de Voluntarios de Protección...
Comentarios