martes. 19.03.2024

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o proxecto de humanización e mellora do Camiño Casal, situado na contorna do núcleo da Seara, na parroquia de San Salvador. A tenente de alcalde e responsable de Obras e Servizos Municipais, a socialista Chelo Besada, confirmou que a actuación será levada a cabo pola empresa EC Casas, cun orzamento  que ascende a un total de 162.980,54 euros, IVE engadido. No proceso de licitación tomaron parte oito firmas.

Tal e como lembra a edil do Goberno municipal, este proxecto é moi importante, xa que servirá para poñer a punto unha das ramificacións próximas ao lugar da Seara, seguindo, deste xeito, coa liña iniciada coa obra de humanización na vía principal deste núcleo, e que tamén se estende á Travesía Primeira, cuxos traballos deron comezo a finais do pasado mes de novembro. Chelo Besada sinala que o orzamento finánciase a través do Plan Concellos 2021, impulsado pola Deputación de Pontevedra. A empresa adxudicataria procederá á dotación dun novo firme, que será empedrado, e á adaptación de rasantes. En canto á mellora de servizos, a actuación contempla a instalación e renovación de rede de abastecemento e de recollida de augas pluviais, ao que hai que sumar a dotación de novas luminarias ‘led’. A actuación será totalmente respectuosa coa contorna e, ademais, incidirá tamén en cuestións como a mobilidade e a seguridade peonil.

A obra afectará a unha extensión de preto dun quilómetro, segundo confirmou a concelleira de Obras e Servizos Municipais.

Poio adxudica a humanización do camino Casal, na parroquia de San Xoán