jueves. 11.08.2022

O concello de Poio avanza na tramitación do regulamento da Asamblea de Participación Cidadá e do Consello de Participación veciñal

O pasado xoves 23 de decembro tivo lugar unha Xunta de Portavoces de carácter extraordinario, convocada para continuar avanzando na tramitación do regulamento polo que se rexerán a Asambela de Participación Cidadá e o Consello de Participación Veciñal, dous órganos que buscan consolidar unha canle directa entre a Administración local e o tecido social de Poio, de cara a impulsar actuacións e realizar propostas vencelladas ao desenvolvemento de obras, actividades ou proxectos de diversa índole.. 
 
xunta-de-portavoces-poio

O pasado xoves 23 de decembro tivo lugar unha Xunta de Portavoces de carácter extraordinario, convocada para continuar avanzando na tramitación do regulamento polo que se rexerán a Asambela de Participación Cidadá e o Consello de Participación Veciñal, dous órganos que buscan consolidar unha canle directa entre a Administración local e o tecido social de Poio, de cara a impulsar actuacións e realizar propostas vencelladas ao desenvolvemento de obras, actividades ou proxectos de diversa índole.


Nesta reunión, os e as portavoces dos catro grupos da Corporación municipal (BNG, PSdeG-PSOE, Avante Poio e Partido Popular) continuaron traballando no contido do regulamento. A concelleira de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns, Silvia Díaz (Avante Poio), fai fincapé na importancia de que este documento vexa a luz “sendo un documento de consenso” e avanza que unha vez se finalice a proposta conxunta dos grupos políticos, o seguinte paso da tramitación será poñer a disposición do tecido asociativo o texto inicial, sobre o cal as entidades e colectivos “poderán realizar as achegas e contribucións que consideren oportunas”. Cómpre lembrar o borrador sobre o que están a traballar os grupos da Corporación consta de 35 artigos, repartidos en catro capítulos, ademais de sete disposicións adicionais. O documento define o Consello de Participación Veciñal como o órgano que permite a participación na actividade do Concello, representativo dos intereses veciñais de todas as parroquias. Esta sería a ferramenta para trasladar, por parte da cidadanía, propostas e peticións relacionadas co desenvolvemento de actividades, actuacións, servizos ou investimentos. Pola súa banda, a Asamblea de Participación Cidadá impúlsase como a entidade para a coordinación de iniciativas que afectan á cidadanía. Será unha canle efectiva para o traslado de suxestións de todo tipo. 

O concello de Poio avanza na tramitación do regulamento da Asamblea de Participación...
Comentarios