martes. 30.05.2023

Poio contará cun parque de Calistenia

A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), confía en que os traballos para habilitar a área dean comezo ao longo do mes de xaneiro.
poio-calistenia

A Xunta de Goberno Local procedeu na súa última sesión do
ano 2021 á aprobación da adxudicación do proxecto de instalación dun novo parque de
calistenia, o primeiro co que contará o municipio de Poio. Esta área habilitarase nas
proximidades do parque de Costa Xiráldez, en Lourido, e servirá para completar a ampla
oferta deportiva, de carácter multidisciplinar, existente neste enclave da parroquia de San
Salvador, onde xa existe un parque infantil ou as praias de Lourido e Cabeceira.


Será a empresa Garopacrim Sociedad Limitada a encargada de levar a cabo esta
actuación. O orzamento ascenderá finalmente a 23.716 euros, IVE engadido. A concelleira
de Deportes, Marga Caldas (BNG), explica que, se non se produce ningún imprevisto, os
traballos de instalación darán comezo a longo deste mes de xaneiro, polo que “confiamos
en que en poucas semanas os aparellos estean xa a disposición da cidadanía”. A titular
deste departamento lembra que o parque de calistenia está pensado para acoller a
usuarios e usuarias que estean interesadas en realizar traballos específicos e rutinas para
fortalecemento muscular, coordinación, tonificación, forza e flexibilidade. Para iso, a área,
que se estenderá sobre unha superficie duns 150 metros cadrados aproximadamente,
contará con elementos para a realización destes exercicios. O parque terá unha
capacidade para acoller a 10 persoas de xeito simultáneo, se ben esta cantidade poderá
modificarse en función das restricións sanitarias.


Precisamente, Marga Caldas incide na importancia de desenvolver este tipo de iniciativas,
que axudan a ampliar a oferta de espazos ao aire libre nos que poder desenvolver hábitos
saudables. “A pandemia da COVID-19 acentúa a necesidade de ofrecer á veciñanza este
tipo de áreas para a práctica deportiva en espazos abertos, que, ao mesmo tempo, grazas
a este tipo de actividades poñemos en valor”, sinala a dirixente do Goberno municipal.
Marga Caldas explica que a actuación conta co visto bo por parte do Servizo Provincial de
Costas. “Trátase dun proxecto que é respectuoso coa contorna e non supón ningún tipo
de impacto medioambiental, que permite volver a restituír a zona ao seu estado orixinal en
caso de ser necesario”, finaliza.

Poio contará cun parque de Calistenia
Comentarios