domingo. 01.10.2023

Poio reafirma o seu compromiso na loita contra a eliminación da violencia machista

𝗢 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼 𝗳𝗮𝗶 𝗳𝗶𝗻𝗰𝗮𝗽𝗲́ 𝗻𝗮 𝗻𝗲𝗰𝗲𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝘀 𝗱𝗶𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗮𝗱𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗶𝗺𝗽𝘂𝗹𝘀𝗲𝗻 𝗶𝗻𝘃𝗲𝘀𝘁𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗲 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶́𝗳𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝘂𝗲𝘀𝘁𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗮 𝗮𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮́𝘀 𝘃𝗶́𝘁𝗶𝗺𝗮𝘀, 𝗮𝘀𝗶́ 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗲𝗻 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗼𝘂 𝘀𝗲𝗻𝘀𝗶𝗯𝗶𝗹𝗶𝘇𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻
poio-violencia

O Pleno da Corporación municipal aprobará na sesión ordinaria de novembro, que terá lugar este martes día 30 (19.30 horas), unha moción a través da cal todos os grupos (BNG, PSdeG-PSOE, Avante Poio e Partido Popular) reafirman o seu compromiso na loita contra a eliminación da violencia machista. A elaboración deste documento conxunto supón a guinda á campaña ‘Man a man contra as Violencias Machistas’, desenvolta pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) ao longo das últimas semanas, con motivo da conmemoración do 25N.

O texto, ademais de alertar sobre o feito de que este tipo de violencia é “o atentado máis flagrante contra a dignidade persoal, a integridade e os dereitos fundamentais das mulleres. Tamén recolle compromisos que adquire o propio Concello á hora de impulsar, dentro das súas competencias, “políticas públicas en materia de servizos sociais, sanidade, seguridade e igualdade que teñan tamén como obxectivo a abolición da prostitución”. Ademais, a institución municipal incide na importancia de “manter a loita contra a violencia de xénero como unha das máximas prioridades na axenda política local, rexeitando de maneira expresa calquera acto de violencia sobre as mulleres e fomentando a convivencia en igualdade e o respecto á diversidade”.

Poio reafirma o seu compromiso na loita contra a eliminación da violencia machista