jueves. 28.03.2024

Dende mañá Pontevedra será o epicentro da literatura do Estado dado que na fin de seman se darán cita na cidade os críticos que integran o Xurado do Premio da Crítica para dar a coñecer este prestixioso galadrón de ámbito estatal. O Concello de Pontevedra aproveita a reunión do xurado, para elaborar un programa de actos previos á reunión e resolución do xurado.


Estes actos previos, abertos ao público son:


Martes, 14 de abril


19.30 horas. Casa das Campás. Mesa redonda sobre “Diálogo sobre a crítica literaria hoxe en Galicia”.

Participan:
Isabel Mociño, secretaria da Asociación Galega da Crítica

Ramón Nicolás, crítico de La Voz de Galicia

María Xesús Nogueira, presidenta da Asociación Galega da Crítica

Coordina: Olivia Rodríguez González, vogal crítica galega na AECL (Asociación Española de Críticos Literarios).

Mércores, 15 de abril


19.00 horas. Casa das Campás. Presentación do libro Pontevedra, Laranxeiras e Limoeiros. Ana Acuña, Víctor Freixanes e Olivia Rodríguez.


19.30 horas. Casa das Campás. Conferencia “Humanismo e crítica literaria. O premio da Crítica” a cargo de Ángel Basanta, profesor, crítico literario e presidente da AECL.

A chegada dos membros do xurado do Premio da Crítica 2014 chegarán a Pontevedra o xoves, 16 de abril, e permanecerán na cidade até o sábado, cando está previsto dar a coñecer a resolución do xurado.

O programa de actos é o seguinte:


Xoves, 16 de abril


20.30 horas. Recepción oficial no Pazo de Mugartegui.

Venres, 17 de abril


Roteiro cultural pola cidade de Pontevedra, ofrenda floral ante a tumba do trovador Paio Gómez Chariño.

16.30 – 21.00 horas. Reunión do xurado nas salas de Afundación.

16.30-17.30 horas. Reunión plenaria da AECL. Sala do Consello

17.30-21.00 horas. Xurado de narrativa (Sala do Consello) / Xurado de poesía (Sala de reunións).

Sábado, 18 de abril


09.30-11.30 horas. Reunión plenaria do xurado. Sala do Consello de Afundación.

12.00 horas. Comparecencia pública no Café Moderno.

Integran o xurado do Premio da Crítica 2014:

Xunta diretiva:

Ángel Basanta (Presidente, El Cultural de El Mundo)

Fernando Valls (Vicepresidente en Barcelona, Babelia, El País)

Javier Goñi (Vicepresidente en Madrid, Fundación Juan March)

Pilar Castro (Tesoureira, El Cultural de El Mundo)

Enrique Turpin (Secretario, La Vanguardia)

Araceli Iravedra (Vicesecretaria en funciones, Universidad de Oviedo)

Polos medios de comunicación:

Francisco Díaz de Castro (Diario de Mallorca)

Ángeles Encinar (Ínsula)

José Luis Martín Nogales (Diario de Navarra)

José Antonio Ponte Far (La Tabla Redonda)

José María Pozuelo Yvancos (ABC Cultural, ABC)

Olivia Rodríguez González (Grial)

Por sorteo ante Notario:

Xelo Candel (Universidad de Valencia)

Juan José Lanz (Cuadernos Hispanoamericanos)

Fernando Martínez Laínez (La Jungla de Asfalto)

Julia Uceda (Premio Nacional de Poesía)

Tomás Val (Mercurio)

José Jurado Morales (Universidad de Cádiz)

Por las literaturas en lingua catalana, galega e vasca Lluïsa Julià (Associació d´Escriptors en Llengua Catalana) Ramón Nicolás (La Voz de Galicia) Javier Rojo (Universidad del País Vasco)

Pontevedra acolle esta fin de semana o xurado do Premio da Crítica 2014