martes. 12.11.2024
Pontevedra... é acción!! o 23 e 24 deste mes de abril no Pazo da Cultura.

“Pontevedra… e acción!”, nova aposta da Concellería de Turismo e da oficina “Pontevedra Film Commission”

O sector audiovisual galego ten unha cita o 23 e 24 deste mes de abril no Pazo da Cultura. Chega a primeira edición do congreso “Pontevedra… e acción!”, que organiza a Concellería de Turismo, no marco das actividades da Pontevedra Film Commission, co ánimo de seguir potenciando á cidade como plató de todo tipo de rodaxes.

O sector audiovisual galego ten unha cita o 23 e 24 deste mes de abril no Pazo da Cultura. Chega a primeira edición do congreso “Pontevedra… e acción!”, que organiza a Concellería de Turismo, no marco das actividades da Pontevedra Film Commission, co ánimo de seguir potenciando á cidade como plató de todo tipo de rodaxes.
A concelleira Carlota Román presentou hoxe o evento, que contará coa participación de actores, directores e guionistas relacionados co cine e a televisión. Un evento que está aberto a todo o público interesado, completamente gratuíto, e para o que non é necesario inscribirse.
O programa arranca ás 10.00 horas do xoves, día 23, e remata o venres, 24, ás 13.30 horas. Entre medias haberá un concurso de videoclips sobre a cidade. Os realizadores deberán presentar unha filmación dun minuto e medio. O mellor (sempre que non se declare deserto) recibirá un premio de 2.000 euros e elaborará un produto audiovisual acabado para a promoción turística da cidade.
Carlota Román, que compareceu acompañada de Miguel López (responsable da oficina Film Commission) destacou que o congreso “nace como moito máis que unha semente, forma parte dunha liña de traballo na política turística municipal que pode ser moi produtiva”. “O mundo cambia rápido”, engadiu, “e hoxe cómpre ser intelixentes e creativos; facer política turística xa non é editar folletos e abrir casetas; é ocupar espazos na Internet, onde a linguaxe que se fala é audiovisual”.
A concelleira lembrou que a Pontevedra Film Commission, que vén de cumprir dous anos, fixo posible a rodaxe de web series como Desde Dentro, Wendyland is dead, El cubo de Rosa, Clases de lo Social, Proxecto C3 (tres documentais sobre a vida de Maruxa Mallo, a Bela Otero e María Casares), Dalle Jas! e varios spots publicitarios. En marcha xa están novos proxectos como Castelao vive en Pontevedra.
A idea do congreso xurdiu así como un complemento ao labor diario desta oficina municipal e tamén como un intento de apostar por Pontevedra como referencia. Máis aínda nunha cidade que conta cunha facultade de Ciencias Sociais na que se realizan estudos audiovisuais. Carlota Román recalcou que a iniciativa debe continuar no futuro e consolidarse como unha fito da programación turística e cultural da cidade.

“Pontevedra… e acción!”, nova aposta da Concellería de Turismo e da oficina “Pontevedra...