lunes. 04.07.2022
As xornadas celebraranse os días 23, 24 e 25 de setembro

Programa de dinamización do Castro das Croas

Para darlle continuidade ao proceso iniciado coa recente escavación do Castro das Croas (Salcedo), a Concellaría de Patrimonio Histórico organiza a vindeira semana un ciclo de conferencias e mesas redondas no que participarán historiadores, arqueólogos e antropólogos. As actividades desenvolveranse no Local social de Cabanas-Salcedo, e a asistencia é libre e e de balde. Non é necesaria a inscrición previa.

As xornadas celebraranse os días 23, 24 e 25 de setembro no seguinte horario:

Martes, 23 de setembro ás 18.30 h.

Mesa redonda sobre arqueoloxía coa participación de Antonio de la Peña (Museo de Pontevedra), arqueólogo e conservador do Museo de Pontevedra, director da excavación de 1993; Eduardo Méndez (IEM), arqueólogo do Museo do Mar, director da excavación de 2014. • Mércores 24 de setembro. 19 h Mesa redonda sobre antropoloxía e usos do Monte das Croas coa participación de Buenaventura Aparicio, antropólogo; Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA.

Xoves 25 de setembro. 19 h

Conferencias de Estevo Amado Rodríguez, Licenciado en Historia e Máster en Arqueoloxía (USC): “Alimentación e consumo na Idade do Ferro. O castro das Croas e os seus coetáneos”; e de María Martín Seijo (doutora en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela): A vida cotiá na Idade do Ferro a partir do estudo dos combustibles leñosos é as manufacturas en madeira Este programa de divulgación da riqueza patrimonial do Castro das Croas continuará con visitas guiadas para escolares. Confíase en facer dez grupos até completar un total de 300 rapaces. As visitas comezarán o día 6 de outubro.

Os días 4 e 11 de outubro tamén están previstos roteiros abertos a toda a cidadanía para todas as persoas que non puideron achegarse no mes de agosto.

Programa de dinamización do Castro das Croas
Comentarios