viernes. 19.04.2024

O Concello sacou a contratación a construción dunha nova infraestrutura deportiva: unha pista de pádel a construír no entorno do pavillón de Cordeiro.

O goberno municipal é consciente de que o fomento da práctica deportiva e da actividade física debe conlevar unha mellor dotación de infraestruturas, de forma que permitan dar satisfacción á demanda social existente.

De aí que decidira investir 48.400 euros na creación desta pista de pádel a ubicar nunha zona, situada xunto ao pavillón, que actualmente está sen uso. A pista terá unhas dimensións de 20 x 10 metros. Instalarase de forma modular e estará formada por unha estrutura de postes de aceiro, vidro templado homologado de 10 milímetros, céspede artificial, rede de nailon con tensor, farois parabólicos, focos led e cuberta a unha auga de chapa simple.

Será a segunda pista municipal para xogar ao pádel que se instale en Valga, trala existente na área deportiva de Campaña. O financiamento procederá do Plan Concellos 2021 da Deputación.

As empresas que queiran presentar oferta para optar á adxudicación das obras teñen de prazo ata o 25 de xaneiro.

Sae a contratación a construcción dunha pista de pádel no entorno do pavillón de...