viernes. 19.04.2024

A Concellaría de Sanidade Animal inicia este mes a terceira edición do Yes, we can con tres accións de concienciación social:


Campaña de chipeado que busca concienciar á sociedade para evitar os abandonos. Nesta campaña colaborarán dúas clínicas veterinarias da cidade así como a veterinaria que traballa no refuxo de animais “Os Palleiros”. Neste mes de campaña, cada chipeado farase a 25 euros, e pode inscribirse chamando ao teléfono do concello 986 80 43 00 e á extensión: 7583.


Colocación da estatua do can que se instalará en distintas prazas e parques da cidade, levando mensaxes cos asuntos máis problemáticas como a reducción dos excrementos dos xardíns -unha problemática que baixo substancialmente-, para promover a adopcións de cans, ou fomentando o chipeado.


Xornada de portas abertas do refuxo de animais “Os palleiros” para o vindeiro 25 de abril. Neste momento o refuxo está practicamente rematado e quedan pequenos retoques como a pintura, cambiáronse os tellados, estase con pequenos traballos de fontanería ou electricidade. Tamén se está rematando un pequeno espazo para gatos que se empregará durante o proceso de esterilización destes animais. O propósito é que a xente coñeza estas instalacións e se conciencie da problemática dos cans.


Por outra banda, este sábado, 18 de abril, a Asociación “Os Palleiros” celebrará o día da adopción. Será na praza de Ourense entre as 11 e as 20 horas. No stand que montarán dará información sobre o funcionamento da canceira así como do traballo dos voluntarios.


Segundo os últimos datos de “Os Palleiros” de xaneiro a marzo recolléronse 64 cans e adoptáronse 58.

Terceira edición do Yes, we can Novas