lunes. 15.08.2022

Valga busca cartel para a nova edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña

O Concello de Valga convoca, un ano máis, un concurso artístico para elixir o cartel anunciador da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, unha celebración que está declarada de Interese Turístico de Galicia.

festa-da-anguia
festa-da-anguia

O Concello de Valga convoca, un ano máis, un concurso artístico para elixir o cartel anunciador da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, unha celebración que está declarada de Interese Turístico de Galicia.

Ao certame, que repartirá 225 euros en premios, pode concorrer calquera veciño de Valga, tanto nenos como adultos, co único requisito de estar empadroado no concello. Teñen que presentar unha obra que faga referencia aos produtos postos en valor na festa, a anguía e a caña, ou a elementos que sexan esenciais nos procesos de obtención destes produtos.

Non se establecen limitacións de técnicas a empregar na elaboración das obras, pero si deben axustarse á medida A3 (297 x 420 mm.) e ter orientación vertical. Deben estar elaboradas sobre algún soporte bidimensional coma lenzo, cartolina, papel... Os orixinais levarán obrigatoriamente o escudo oficial do Concello de Valga e o texto “XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Agosto 20, 21, 26, 27 e 28 ”, e deben identificarse con un lema ou pseudónimo.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o día 10 de agosto. Os participantes deben presentar no Concello a obra orixinal e un sobre pechado  identificado co mesmo lema que utilizaron para a obra. No interior xuntarase a folla de inscrición debidamente cuberta e os datos persoais, enderezo e teléfono de contacto.

Outorgaranse tres premios dotados con 100, 75 e 50 euros en vales de compra que poden ser empregados en establecementos comerciais de Valga. Ademais, a obra gañadora do primeiro premio será o cartel anunciador da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

Valga busca cartel para a nova edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña
Comentarios