viernes. 29.03.2024

O programa, incluido no Artellando Feminismo 2021, comezou coas actividades de exterior, que resultan máis seguras e atractivas para as participantes.

Estes roteiros polas parroquias axudan a reactivar redes de apoio e a reunir as participantes promovendo hábitos de vida saudable. Ademais resultan atractivas para dar a coñecer a contorna natural dos lugares e zonas atractivas pouco coñecidas para o público.

Tamén deron comezo os "Obradoiros da risa" coa primeira sesión na parroquia de Grixoa. Os obradoiros dispoñen de moi poucas prazas, cumprindo así coa normativa que restrinxe as actividades dos centros socioculturais.

Todas as actividades realízanse cumprindo coas medidas sanitarias establecidas e seguindo estritamente os protocolos anticovid.

En marcha as primeiras actividades do programa "Reencontros nas parroquias"