miércoles 19/1/22

O concello da Guarda saca a licitación obras de mellora na Piscina Municipal e no entorno da Igrexa

O Concello da Guarda ven de sacar a licitación as obras para a revisión e actualización das instalacións da Piscina Municipal da Guarda, unhas obras que contan cun prazo de execución de 2 meses e que teñen un orzamento de 84.638,52€ IVE incluído.

a-guarda

Por outra banda, o Concello da Guarda tamén ven de sacar a licitación o subministro de mobiliario para a humanización do entorno da Igrexa de Santa María da Guarda, que cun prazo de 1 mes, contan cun orzamento total de 54.883,88€ IVE incluído.

O prazo de presentación de ofertas para estas dúas licitacións por parte das empresas interesadas está aberto ata o vindeiro día 30 de decembro e os pregos de contratación están a disposición no perfil do contratante do Concello da Guarda e na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O concello da Guarda saca a licitación obras de mellora na Piscina Municipal e no...
Comentarios