domingo. 26.03.2023

Nava Castro desvela os sete primeiros postos da lista do PP en Ponteareas

A candidata á alcaldía, Nava Castro, continúa desvelando o equipo co que busca recuperar a alcaldía de Ponteareas. Xunto ao número dous, Rafa Martínez e Raquel Plana, terceira, acompañarán a Castro catro perfís ben diferentes ata o posto sete. Trátase de Ricardo González, os xa edís no actual mandato Francisco Represas, Silvia Fernández Táboas, e Cristian Montes, no posto número sete.

nava-castro-ponteareas

No posto número catro na lista do Partido Popular figura Ricardo González Alonso, ben coñecido na vila polo seu labor á fronte de diversos servizos de automoción. Ademais Ricardo, complementou a súa carreira profesional cun Máster en Pedagoxía e Didáctica para o profesorado de Formación Profesional, e máis recentemente coa Formación Internacional Integral como profesor de Pilates.

A continuación, no posto número cinco, repite na lista Francisco Represas Carrera repite na lista. Represas é Xefe de Servizo na Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Xunta de Galicia, ademais de profesor na escola de Enfermería da Universidade de Vigo, a mesma onde acadou o seu doutorado en Endocrinoloxía.

Pola súa banda, Silvia Fernández Táboas, tamén concelleira actualmente, vai nesta ocasión no sexto posto. Silvia Fernández provén das Novas Xeracións do partido, e exerce como arquitecta logo de terse licenciado na Universidade da Coruña.

Finalmente, no posto sétimo, incorpórase Cristian Montes Estévez, técnico superior en actividades físicas e deportivas. Actualmente traballa como empregado no sector dos hidrocarburos.

Con estas confirmacións, Nava Castro vai reforzando o seu equipo de cara aos comicios do vindeiro 28 de maio conxugando a experiencia daqueles que posúen o coñecemento da vida municipal ao ser xa concelleiros coa renovación que aportan os novos perfís da candidatura.

Nava Castro desvela os sete primeiros postos da lista do PP en Ponteareas
Comentarios