lunes. 29.05.2023

Ponteareas oferta 6 prazas de emprego público

Haberá oposición para prazas de persoal de emerxencias, peón, oficial administrativo e policía local
ayuntamiento-ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de aprobar a Oferta de Emprego Pública Ordinaria correspondente ao ano 2022. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, con data de 19 de setembro, recolle a relación de prazas de persoal laboral e persoal funcionario que se convocarán proximamente no Concello ponteareán.

A administración local ponteareá convocará 2 prazas de persoal laboral de quenda libre. Deste xeito, buscará a incorporación dun condutor ou condutora de emerxencias e dun peón. Convocaranse tamén catro prazas de persoal funcionario, todas de quenda libre: tres postos serán para oficiais administrativos e haberá unha vacante para os servizos especiais da Policía Local.

O concelleiro de Persoal, Benito Márquez, celebra este anuncio que “supón un primeiro paso para que a veciñanza ponteareá acade a estabilidade laboral, tan necesaria nestes tempos de incertidume global”. Márquez sinala tamén que a oferta por quenda libre ofrece unha oportunidade laboral en igualdade de condicións: “conxúgase o dereito dos funcionarios a promocionar e mellorar na súa carreira administrativa e ao mesmo tempo ofrécese emprego a todas as persoas que busquen acceder a unha praza pública”.

Ponteareas oferta 6 prazas de emprego público
Comentarios